martes, 13 de marzo de 2012

BO MESTRE Á GALEGA

Dificultade: alta (depende das ganas para conseguilo)
Tempo de cocción: de 3 a 45 anos.
Calorías: moitas
Vexetariana: non, inclusiva.
Ingredientes:
• 25 alumnos (en algúns casos máis, noutros menos) cos seus respectivos pais.
 • 2 tazas de empatía.
 • 1 vaso de paciencia.
 • 6 gotas de paixón por ensinar.
• 1 cubiño de coñecementos (se son innovadores moito mellor)
 • ½ litro de creatividade e innovación.
 • 50 gramos de bo comunicador(narrador de historias) e de saber escoitar.
 • Un chisquiño de mediador de conflictos.
Condimentos: Reflexión sobre labor docente, responsabilidade,compañeiros docentes, competencia dixital , novas tecnoloxías, formación continuada,.…
Preparación:
1.Botar a metade dos coñecementos na creatividade e innovación e remover ata que quede compacta (debe estar quente, se está nunha aula atractiva moito mellor).
 2. Separar a empatía e paciencia. Montar a empatía a punto de neve (mellor se lle botamos 6 gotas de paixón por ensinar).
3. Por outra banda, mesturar aos país/nais cun cucharón e sempre con amabilidade, cercanía e respeto. Non esquecer engadir neste intre o chisquiño de mediación de conflictos (non bater con autoritarismo).
4.Cando os país/nais e a paciencia estean mesturadas, xuntamos os coñecementos , a creatividade e innovación e a empatía a punto de neve, mesturar todo ben, pero despaciño. Reservar.
 5. Mollar lixeiramente os alumnos no coñecemento mesturandoo coa boa comunicación e saber escoitar, deixando que se empapen todos (aínda que os alumnos teñan necesidade especifíca), mantendo a atención empapada durante 9 meses.
6.Botar enriba dos alumnos a mestura reservada.
7. Espolvorear con reflexión, compañeirismo docente, competencia dixital, responsabilidade,novas tecnoloxías, formación continuada,…
Para lograr que un bo mestre á galega esté no seu punto debemos lembrar:
"El profesor mediocre, dice
 el buen profesor, explica
 el profesor superior, demuestra
 el gran profesor, inspira"    

                                      William Ward
Fuentes utilizadas:
http://www.greatschools.org/espanol/383-que-es-lo-que-hace-un-buen-maestro.gs
http://thomas.eduquipa.com/2011/07/cualidades-de-un-buen-maestro/

0 comentarios:

Publicar un comentario