Estamos a piques de rematar o curso, faltan uns poucos días.Como despedida fixen estes diplomas. Espero que vos gusten!!!
lunes, 18 de junio de 2012
CITAS
"El arte supremo del maestro consiste en despertar el goce de la expresión creativa y del conocimiento"
Albert Einstein
Albert Einstein
"Los niños de hoy son probablemente la generación más sofisticada que jamás haya existido"
Richard Gerver.
Richard Gerver.
Lo que queremos es ver al niño tras el conocimiento y no el conocimiento tras el niño.
George Bernard Shaw.
George Bernard Shaw.
"La educación es demasiado importante para dejarla sólo en manos de los educadores", James J. Heckman
Etiquetas:
BAÚL
domingo, 6 de mayo de 2012
GALICIA CATIVA: PRAIA DAS CATEDRAIS (RIBADEO)
Unha das mellores, por non decir, a mellor praia que temos en Galicia. As súas covas e arcos que só podemos apreciar cando a marea está baixa ten unha similitude co cursiño do Platega que estamos a facer.Marea baixa:ao rematar as actividades, por fin logrei desenvolver as actividades e poder así apreciar o traballo realizado. Marea alta:cando empezabamos unha nova actividade e empezabamos a pelexar coas novas tecnoloxías(polo menos eu) De aí que este cursiño é como a praia das Catedrais, agora que xa está "case" rematado, segue sendo maravilloso e ao que voltaremos para ilusionarnos con novas actividades.
Ver PRAIA DAS CATEDRAIS en un mapa más grande
Ver PRAIA DAS CATEDRAIS en un mapa más grande
Etiquetas:
ACTIVIDADES
jueves, 19 de abril de 2012
COMO FACER UN CONTO? FÓRMULA SEGREDA
Fórmula que emprego cos meus alumnos en todos os seus primeiros escritos. Antes de comezar a escribir, poñemos en maiúscula a nosa fórmula segreda e despois empezamos o noso escrito.
Esta fórmula só a sabe a nosa clase. A nosa mascota DOQUI deixouna no buzón da clase. Doqui vén do País dos Números e das Letras e sabe moitas cousas que nos axudan a aprender con fórmulas máxicas, segredas, trucos, xogos, actividades na PDI,....

miércoles, 11 de abril de 2012
miércoles, 28 de marzo de 2012
VIDEOPOEMA: Vouche contar un conto
Poema de Cantarolas de Anisia Miranda e Xosé Neira Vilas (Editorial Xerais) con ilustracións de Mª Fe Quesada.
Etiquetas:
ACTIVIDADES
miércoles, 14 de marzo de 2012
CAL É A VOSA RECEITA PARA TER UN BO MESTRE?
Cando estaba realizando na casa a actividade: "Receita para ser un bo mestre", prendeuseme unha luceciña enriba dos meus miolos, a cal alumaba con gran intensidade preguntándome: Rocío, para os teus alumnos que ingredientes tería o seu mestre ideal?
Ao día seguinte, na hora de ler, plantexeilles unha actividade aos meus alumnos de segundo (traballaramos a semana pasada as receitas de cociña;por certo, que casualidade que a min, como alumna nun cursiño, tamén se me pedira).
Aí vai a súa receita: COMO TER UN BO MESTRE
Ingredientes:
Ao día seguinte pola mañá xa teremos o noso mestre ideal que iremos comendo pouquiño a pouquiño durante 2 años.
Ao día seguinte, na hora de ler, plantexeilles unha actividade aos meus alumnos de segundo (traballaramos a semana pasada as receitas de cociña;por certo, que casualidade que a min, como alumna nun cursiño, tamén se me pedira).
Aí vai a súa receita: COMO TER UN BO MESTRE
Ingredientes:
- 24 alumnos.
500 quilos de coñecementos (saber moitas cousas)- 24 culleradas de ordenadores.
- 1.000 bolsiñas de "premios".
- unha libra de PDI.
- 2 vasos de poñer normas e facelas cumprir.
- 1 litro de boa profesora (que non sexa "unha rabuda").
- 2.000 quilos de paciencia.
- 10 toneladas de contos e xogos para facer.
- 2 paquetes de xuventude (así dura máis).
- 1.000 quilos de bo humor.
- 2 litros de traballos para facer na casa (por si non sabes que facer).
Preparación:
Poñer todos os ingredientes nunha pota con lume forte, ben forte e esperar ata que ferva. Cando ferva poñer uns polviños máxicos (todos os mestres os teñen) e deixar que ferva uns 5 minutos. Despois cocer cun lume débil unhas cantas horas ata que estea todo ben cocido. Non debemos esquecer remexer cada pouco tempo, non vaia ser que se pegue e se estrague todo e nos salga un mestre fastidioso. Mentras se fai, os alumnos cantarán e bailarán "Ai se eu te pego". de Michel Teló.
Cando estea ben cocidiño, non chamuscado, deixalo enfriar toda a noite fóra, se é nunha noite de xeada moito mellor!
Etiquetas:
ACTIVIDADES
martes, 13 de marzo de 2012
BO MESTRE Á GALEGA
Dificultade: alta (depende das ganas para conseguilo)
Tempo de cocción: de 3 a 45 anos.
Calorías: moitas
Vexetariana: non, inclusiva.
Ingredientes:
• 25 alumnos (en algúns casos máis, noutros menos) cos seus respectivos pais.
• 2 tazas de empatía.
• 1 vaso de paciencia.
• 6 gotas de paixón por ensinar.
• 1 cubiño de coñecementos (se son innovadores moito mellor)
• ½ litro de creatividade e innovación.
• 50 gramos de bo comunicador(narrador de historias) e de saber escoitar.
• Un chisquiño de mediador de conflictos.
Condimentos: Reflexión sobre labor docente, responsabilidade,compañeiros docentes, competencia dixital , novas tecnoloxías, formación continuada,.…
Preparación:
1.Botar a metade dos coñecementos na creatividade e innovación e remover ata que quede compacta (debe estar quente, se está nunha aula atractiva moito mellor).
2. Separar a empatía e paciencia. Montar a empatía a punto de neve (mellor se lle botamos 6 gotas de paixón por ensinar).
3. Por outra banda, mesturar aos país/nais cun cucharón e sempre con amabilidade, cercanía e respeto. Non esquecer engadir neste intre o chisquiño de mediación de conflictos (non bater con autoritarismo).
4.Cando os país/nais e a paciencia estean mesturadas, xuntamos os coñecementos , a creatividade e innovación e a empatía a punto de neve, mesturar todo ben, pero despaciño. Reservar.
5. Mollar lixeiramente os alumnos no coñecemento mesturandoo coa boa comunicación e saber escoitar, deixando que se empapen todos (aínda que os alumnos teñan necesidade especifíca), mantendo a atención empapada durante 9 meses.
6.Botar enriba dos alumnos a mestura reservada.
7. Espolvorear con reflexión, compañeirismo docente, competencia dixital, responsabilidade,novas tecnoloxías, formación continuada,…
Para lograr que un bo mestre á galega esté no seu punto debemos lembrar:
"El profesor mediocre, dice
el buen profesor, explica
el profesor superior, demuestra
el gran profesor, inspira"
William Ward
Fuentes utilizadas:
http://www.greatschools.org/espanol/383-que-es-lo-que-hace-un-buen-maestro.gs
http://thomas.eduquipa.com/2011/07/cualidades-de-un-buen-maestro/

REFLEXIÓNS
miércoles, 7 de marzo de 2012
AS TIC NON FAN MILAGROS PERO NÓS SÍ
Mas alla de las TICs
View more presentations from Jaime Olmos
Etiquetas:
REFLEXIÓNS
Suscribirse a:
Entradas (Atom)